Nace o Movemento Arredista
Asemblea Nacional celebrada o 28 de febreiro culminou o proceso constituínte lanzado en outubro co lanzamento desta nova organización independentista, comunista e feminista.
Desde a base, construindo
Poder popular
Chamamos a afortalar un espazo político desacomplexadamente independentista, que aposte nidiamente polo socialismo e que sexa consecuentemente feminista, apostando na suma de forzas na esquerda soberanista para avanzar no camiño da ruptura democrática co réxime español.
Unha organización estratéxica centrada na construción de poder popular, a activación social e o traballo de base como alicerces sobre os que articular un proxecto revolucionario.
Desde una firme aposta na unidade de acción en base a obxectivos comúns, queremos intervir e contribuir desde posicións de clase no reforzo das organizacións frentistas e de masas: o BNG, a CIG e todos os movementos sociais transformadores.
Unha organización flexíbel, coherente e fundamentada no traballo militante, mais adaptada aos diferentes niveis de disponibilidade das persoas que se impliquen na súa construción.
Un proxecto radicalmente democrático e asemblear, baseado no colectivo e nos valores do compromiso e a solidariedade.
Os porqués
Deste proceso
Cómpre criar ferramentas de intervención adaptadas á nova fase política, que teñan en conta as mudanzas dos últimos anos e permitan que o avance e a relexitimación do soberanismo vaian alén do eleitoral, permitíndonos sumar máis forzas coas que confrontar o réxime español.
A dialéctica reforma vs ruptura está mais vixente que nunca e é necesario situarnos coherentemente ante ela.
Para iso, urxe reactivar e dinamizar o debate político e a formación no seo do movemento soberanista. Colectivamente, é preciso pór en común análises e diagnósticos que trascendan o inmediato e teñan vocación estratéxica.
Nun momento de crise e cuestionamento dos valores da militancia e do compromiso, é imprescindíbel, motivar, tensionar e mobilizar forzas e vontades.
Queremos facelo impulsando novos modelos organizativos que teñan en conta a realidade social e a crecente precariedade das nosas vidas. Desde novas formas de intervención social, que contribúan á autoorganización do noso pobo e á construción de alternativas en todos os ámbitos.
Encontros abertos
Queremos que este proceso sexa o máis participativo posíbel e que toda a xente que comparta os nosos valores e obxectivos fundamentais se involucre nel en pé de igualdade desde o primeiro momento.
Se na túa localidade ainda non hai un encontro previsto e queres organizar un, só tes que porte en contacto connosco.
Na Coruña
Día: sábado 17 de outubro.
Hora: 19h30.
Lugar: C.S. Gomes Gaioso.
Ver cartaz
En Ferrol
Día: venres 23 de outubro.
Hora: 20h.
Lugar: Fundaçom Artábria.
Ver cartaz
En Lugo
Día: venres 23 de outubro.
Hora: 20h.
Lugar: Salón de actos do edificio sindical.
Ver cartaz
En Corcubión
Día: sábado 24 de outubro.
Hora: 18h.
Lugar: Local do BNG de Corcubión.
Ver cartaz
Na Estrada
Día: mércores 28 de outubro.
Hora: 20h.
Lugar: Local do BNG da Estrada.
Ver cartaz
En Noia
Día: venres 6 de novembro.
Hora: 20h.
Lugar: Local do BNG de Noia (por motivos de aforo é preciso confirmar asistencia en info@ruptura.gal).
Ver cartaz
En Mazaricos
NOTA: acto adiado por mor das restricións sanitarias. Anunciaremos unha nova data o antes posíbel.
En Guitiriz
Día: sábado 7 de novembro.
Hora: 19h.
Lugar: Asociación Cultural Xermolos.
Ver cartaz
En Bueu
NOTA: acto adiado por mor das restricións sanitarias. Anunciaremos unha nova data o antes posíbel.
En Pontevedra
NOTA: acto adiado por mor das restricións sanitarias. Anunciaremos unha nova data o antes posíbel.
Encontro virtal Aberto
Día: venres 13 de novembro.
Ver o vídeo
Hora: 19h30.
Lugar: vía Zoom e Youtube.
Ourense
Día: venres 18 de decembro.
Hora: 20h.
Lugar: A Galleira.
Ver cartaz
Debate: un ano de "goberno de progreso"
Día: venres 8 de xaneiro.
Hora: 19h30.
Lugar: vía Zoom e Youtube.
Ver o directo
Vigo
Día: luns 11 de xaneiro.
Hora: 19h30.
Lugar: Local da CIG de Vigo.
Ver cartaz
Aviso: en cumprimento das medidas sanitarias é obrigatorio levar máscara, gardar a distancia en todo momento e respectar o aforo máximo dos locais.
O proceso
Nos medios
“O regime do 78 é irreformável, a alternativa é a República Galega”
Galiza Livre: Entrevistamos a Ximena González do Movimento Galego ao Socialismo. Esta força independentista integrada no BNG acaba de realizar a sua Assembleia Nacional coa intençom de constituir umha nova organizaçom.
Ver a entrevista
"Queremos potenciar o debate sobre a folla de ruta do soberanismo galego no seu conxunto"
Adiante: Hai hoxe un mes, o Movemento Galego ao Socialismo acordaba na súa terceira asemblea nacional “marcar un punto de inflexión” e “impulsar un proceso constituínte, unha nova ferramenta política, que defina novas prioridades, campos de traballo e formas de intervención”
Ver a entrevista
"A crise certifica a vixencia das teses soberanistas e anticapitalistas"
Nos Diario: Noa Presas, un dos rostros máis coñecidos do Movemento Galego ao Socialismo (MGS), detalla os vieiros que veñen por diante logo de en setembro acordarse por unanimidade no MGS fechar o ciclo deste partido comunista integrado no BNG e impulsar o proceso constituínte dunha nova organización.
Ver a entrevista
"Queremos seguir impulsando o BNG cara a posicións máis soberanistas e de ruptura"
Praza Pública: "Sumarmos forzas pola ruptura". Con este lema, o Movemento Galego ao Socialismo (MGS) lanzou hai xa meses o proceso constituínte que pecha o ciclo deste partido integrado no BNG e abre o camiño a outro espazo político "máis amplo" e "desacomplexadamente independentista" que aposte por "sumar forzas na esquerda soberanista para avanzar no camiño da ruptura democrática co réxime español".
Ver a entrevista
"Há que recuperar militância e criar estrutura social"
Novas da Galiza: "Umha das cousas positivas deste processo é a geraçom de espaços de debate, que eram quase inexistentes no conjunto do nacionalismo".
Ver a entrevista
Alongamos o noso proceso de debate!
Cada vez máis persoas están a manifestar a súa vontade de participar do noso proceso de debate e o seu interese en implicarse na construción desta nova ferramente política.
Porén, as circunstancias -en particular as restricións en relación aos desprazamentos, reunións ou a falta de disponibilidade de locais- están a dificultar cada vez máis a realización de encontros presenciais. Seguiremos a tentar celebrar todos os actos que podamos no maior número de localidades posíbel (garantindo, por suposto, todas as medidas de seguranza precisas), porque entendemos que a actividade política e asociativa é esencial, especialmente nun contexto como este de crise e ameaza aos dereitos sociais.
En paralelo, seguiremos apostando en formatos complementares de debate virtual, co fin de habilitar todas as vías posíbeis para que ninguén fique sen cauces de participación neste proceso que quere ser aberto e mancomunado.
Por estas razóns, imos alongar unhas semanas máis o proceso de contraste público e recolla de achegas (até o 12 de decembro), e consecuentemente o horizonte que culminará todo este debate: a nosa Asemblea Nacional Constituínte da nova organización será en xaneiro febreiro.
A pesar das dificultades, imos seguir organizando, debatendo e construindo.
Participa!
Camiñamos cara á Nosa
Asemblea Nacional Constituínte
Seguimos convencidas de que é precisamente neste momento cando máis preciso é recuperar tensión militante e recuperar os espazos de organización e loita para estarmos á altura á hora de respondermos a esta nova crise xa en marcha.
A pesar das dificultades, fomos quen de celebrar un bo número de encontros, debates e reunións de todo tipo desde que en outubro lanzamos o noso proceso constituínte. A pesar de que as restricións non nos permitiron manter a nosa planificación inicial, si que fomos quen de contactar por diferentes vías –tanto presenciais como virtuais (podes ver aquí ou aquí os encontros virtuais) – con centos de persoas por todo o país e na emigración. Moitas delas xa están a participar a diferentes niveis deste proceso que entra agora na súa seguinte etapa.
Estamos xa na fase de redacción dos documentos que definiran máis polo miúdo as nosas liñas ideolóxicas e organizativas e as prioridades de intervención política.
O obxectivo é celebrarmos a nosa Asemblea Nacional Constituínte no mes de febreiro, para o cal xa estamos a procurar a mellor fórmula para que toda a xente poda participar en pé de igualdade e sumar neste proxecto.
Seguimos debatendo, organizando e construíndo.
Participa!